986 812 214 (Campus)
986 813 656 (Cidade)
delegacion@dai.uvigo.gal

Pista Torrecedeira

A Escola de Enxeñería Industrial delega na Delegación do Alumnado a xestión da pista.

Deixamoste a continuación unha lista coas preguntas máis frecuentes:

Quen pode reservar a pista?

So poden reservar a pista os membros da comunidade universitaria (Estudantes, PDI e PAS) asociados á Escola de Enxeñería Industrial. Pídese que polo menos unha das persoas que desfruten da pista reúnan esta condición.

Como se reserva a pista?

Para reservar a pista deberás pasar presencialmente polo local da Delegación do Alumnado dalgunha das nosas dúas sedes (cidade ou campus). Sé é a primeira vez que reservas precisamos que nos mostres a túa matrícula ou un xustificante que indique a túa adscripción á Escola de Enxeñería Industrial.

Ten en conta que a delegación non ten un horario fixo. Podes chamarnos antes de acercarte a reservar para saber se haberá alguen nese momento no local. Se ninguén responde significa que nese momento está valeiro.

Próximamente habilitarase a posibilidade de reservar por teléfono (sen necesidade de acudir de xeito presencial).

Cal é o horario e as condicións de reserva da pista?

A pista pode reservarse en horario de Luns a Venres de 08:30 a 21:30.

  • Non se aceptan reservas con máis dunha semana de antelación.
  • Un usuario non pode ter máis dunha reserva activa.
  • O tempo máximo de reserva é de 1h 30min.

Podes consultar a dispoñibilidade da pista en tempo real na páxina dai.skedda.com

Qué sucede se finalmente non podo acudir á pista na data da reserva?

No caso de non poder asistir, podes cancelar a túa reserva cun mínimo de 24 horas de antelación contactándonos no mail delegacion@dai.uvigo.gal

No caso de non acudir á pista na data reservada ou non avisar á delegación coa antelación suficiente, o usuario poderá ser sancionado de manera temporal ou indefinida, podendo privarlle do uso da pista polideportiva.

Qué sucede se perdo a folla da reserva?

A folla da reserva é o documento que entregamos en delegación e que tes que presentar en conserxería para poder facer uso da instalación.

No caso da perda do papel, podes solicitar un duplicado en calquera dos locais de delegación.

Na conserxería non admitirán fotos ou documentos que non sexan orixinais.

Gustaríame apuntarme ás clases de tenis na pista de Torrecedeira. Como podo facer?

A Delegación do Alumnado en colaboración co servizo de deportes oferta cada cuadrimestre clases de tenis para todos os niveis. Estas clases están dirixidas a calquera membro da Comunidade Universitaria, os cales teñen un precio bonificado. Aínda así, no caso de sobrar plazas, tamén poderá apuntarse persoal externo á universidade.

As inscricións abrense ao principio de cada cuadrimestre (setembro e xaneiro) e manteñense abertas ata completar as prazas. Podes inscribirte, consultar horarios, prezos e obter máis información na páxina de Campus Activo.

Prestase material deportivo?

Si. A Delegación do Alumnado dispón de material deportivo para o préstamo ás persoas usuarias da pista.

  • Balóns de baloncesto, fútbol e brandos do tipo brilé ou voleyball.
  • Raquetas e pelotas de tenis. (Fianza de 1€/pelota)
  • Rede, raquetas e plumas de badminton.

Debido ao COVID-19, nestes momentos so se prestan raquetas e pelotas de tenis.

Que limitacións existen polo COVID-19?

Debido á COVID-19 aplicanse unha serie de medidas en cumprimento da normativa vixente:

  • Os vestuarios atopanse pechados.
  • Non poderá haber na pista un número maior a 7 persoas.
  • No caso de non poder garantir unha distancia interpersoal dun mínimo de 2 metros, o uso da máscara é obrigatorio.

Se aínda tes dúbidas acerca do uso e emprego da pista, podes contactar co responsable a través do correo deportes@dai.uvigo.gal