986 812 214 (Campus)
986 813 656 (Cidade)
delegacion@dai.uvigo.gal

Préstamo de portátiles

A Escola de Enxeñería Industrial pon ao dispor do seu alumnado un servizo de préstamo de portátiles co obxecto de que poidan desenvolver aquelas actividades académicas que sexan susceptibles do uso dun equipo informático e non se dispoña do mesmo.

Existen dous tipos de préstamo:

Equipos de préstamo da Escola

  • Depende das Subdireccións de Infraestruturas da Escola de Enxeñería Industrial.
  • O período de préstamo terá unha duración máxima de 30 días naturais, prorrogables ata o período correspondente a un cuadrimestre, previa consulta.
  • Os usuarios poderán levar a cabo a instalación de software, sempre que a EEI dispoña de licenza para estudantes do mesmo ou este sexa libre.

Consulta a normativa completa premendo aquí.


Equipos de préstamo da Delegación do Alumnado

  • Depende do persoal de Sistemas Informáticos da Sala de Ordenadores de Alumnos (SOA).
  • O periodo de préstamo terá unha duración máxima de 7 días naturais. Dito periodo
    poderase prorrogar ata 7 días naturais adicionais, previa consulta na SOA da súa disponibilidade.
  • En caso necesario, os usuarios poderán solicitar a instalación de software, sempre que a Escola dispoña de licencia para estudantes do mesmo ou este sexa libre.

Consulta a normativa completa premendo aquí.