986 812 214 (Campus)
986 813 656 (Cidade)
delegacion@dai.uvigo.gal

Queixa, suxestión ou parabén

Dependendo do tipo de queixa ou reclamación que se queira facer, existen distintos tipos de canle que se deben de utilizar.

Relativas á docencia, organización ou infraestructuras

Se a queixa está relacionada ca docencia dunha materia, organización docente, ou con problemas de equipamento, conexións nas aulas, etc estas deben realizarse a través do sistema QSP da Universidade de Vigo.

Explicámoste os pasos a continuación:

  • Preme no seguinte botón para abrir nunha nova pestana o formulario de QSP e le os avisos antes de continuar
  • Selecciona «Introducir QSP autenticada»
  • Identifícate cos teus datos de acceso da Universidade
  • En «Tipo de incidencia» indicar a opción desexada
  • En «Tipo de estudante» seleccionar se es de grao/master/doutoramento
  • En «Categoría», as que máis se poden axustar son:
    • Se a queixa é relativa á docencia ou organización docente, seleccionar «Centros (en relación coa docencia)»
    • Se a queixa é relativa ás infraestructuras da escola, seleccionar «Centros (en relación coa administración)»
  • En «Unidade» indicar «Escola de enxeñaría industrial» (no caso de queixa de administración, ter en conta a sede)
  • Por último, en «Descrición» indicar da forma máis precisa posible o problema sobre o que se quere informar


Relativas á calificación dunha proba de avaliación

Se non estás de acordo coa calificación dunha proba de avaliación e queres pedir unha segunda corrección, deberás cubrir o formulario que se atopa na seguinte ligazón e presentalo a través da sede electrónica ou do rexistro da Universidade de Vigo e dirixilo á Escola de Enxeñería Industrial. Tes 15 días naturais dende que se fan públicas as notas da proba, unha vez rematado o proceso de revisión da mesma, para presentala.

No caso de recibir unha resolución desfavorable aos teus intereses podes acudir a instancias superiores. Nestes casos recomendámoste porte en contacto connosco para tentar asesorarte.


Instancias Superiores

Dependendo do tipo de reclamación que presentes, no caso de non estar satisfeito coa súa resolución poderás presentar recurso de alzada ou reposición ante a reitoría.

No caso de seguir obtendo unha resolución desfavorable aos teus intereses, podes agotar o recorrido dentro da Universidade poñendo o caso en mans da Valedoría Universitaria.