986 812 214 (Campus)
986 813 656 (Cidade)
delegacion@dai.uvigo.gal

Reserva de Espazos

A Escola de Enxeñería Industrial delega na Delegación do Alumnado a xestión de varios espazos ubicados na Sede Cidade da escola. Calquera membro da Comunidade Universitaria da Escola de Enxeñería Industrial pode reservalos.

Deixámoste a continuación unha listaxe coas preguntas máis frecuentes:

Quen pode reservar os espazos?

So poden reservar estes espazos os membros da comunidade universitaria (Estudantes, PDI e PAS) asociados á Escola de Enxeñería Industrial.

Como se reserva a pista?

Para reservar a pista deberás solicitar primeiro unha conta de usuario a través deste link. Pasados uns días, unha vez verificada a información, recibirás un correo no que poderás configurar un contrasinal co que acceder á web de reservas.

No caso de ter unha conta de cursos anteriores, o contrasinal non variará.

Caducou o link para configurar o contrasinal? Qué fago?

Se xa recibiches o correo para configurar o contrasinal, significa que a túa conta xa está creada. Poderás solicitar un novo contrasinal premendo no apartado «esquecín contrasinal» da web de reservas.

Cal é o horario e as condicións de reserva?

Como norma xeral:

  • Non se aceptan reservas con máis dunha semana de antelación.
  • Un usuario non pode ter máis dunha reserva activa á vez (de facelo, será motivo de suspensión).

A pista pode reservarse en horario de Luns a Venres de 08:30 a 21:30.

  • O tempo máximo de reserva é de 1h 30min
  • Actualmente o espazo so está habilitado para usar como pista de tenis. Próximamente estenderase a máis usos.

A aula 14 (comedor) pode reservarse en horario de Luns a Venres de 08:30 a 13:00 e 16:00 a 21:30.

  • O tempo máximo de reserva é de 2 horas
  • Este espazo so pode ser usado para traballos colabotativos nos que participen un mínimo de 4 persoas e usos de similares. No caso de empregar a aula para actividades non afins ou con interese de lucro, será motivo de suspensión.

Qué sucede se finalmente non podo acudir na data da reserva?

No caso de non poder asistir, podes cancelar ou cambiar a túa reserva cun mínimo de 1 hora de antelación a través da páxina de reservas.

No caso de non acudir á pista na data reservada ou cancelar sen a antelación suficiente, o usuario poderá ser sancionado de manera temporal ou indefinida.

Qué preciso para acceder ao espazo o día da reserva?

O día da reserva poderás pedir a chave na conserxería do centro, previa identificación. Son documentos válidos o DNI, a tarxeta universitaria e similares. No caso de non poder identificarte como responsable da reserva, non poderás facer uso da pista.

Unha vez identificado deberás asinar o libro de rexistro ao recoller e ao devolver a chave. É preciso devolver e recoller SEMPRE a chave en conserxería, independentemente de que antes ou despois o espazo sexa usado por outros usuarios. Non facelo é motivo de suspensión.

Gustaríame apuntarme ás clases de tenis na pista de Torrecedeira. Como podo facer?

A Delegación do Alumnado en colaboración co servizo de deportes oferta cada cuadrimestre clases de tenis para todos os niveis. Estas clases están dirixidas a calquera membro da Comunidade Universitaria, os cales teñen un precio bonificado. Aínda así, no caso de sobrar plazas, tamén poderá apuntarse persoal externo á universidade.

As inscricións abrense ao principio de cada cuadrimestre (setembro e xaneiro) e manteñense abertas ata completar as prazas. Podes inscribirte, consultar horarios, prezos e obter máis información na páxina de Campus Activo.

Prestase material deportivo?

Si. A Delegación do Alumnado dispón de material deportivo para o préstamo ás persoas usuarias da pista.

  • Balóns de baloncesto, fútbol e brandos do tipo brilé ou voleyball.
  • Raquetas e pelotas de tenis. (Fianza de 1€/pelota)
  • Rede, raquetas e plumas de badminton.

Debido á actual configuración da pista, nestes momentos so se prestan raquetas e pelotas de tenis.

Hai vestiarios? E duchas?

Si. A Escola dispón de vestiarios con duchas. No caso de estar interesado no seu uso deberás poñelo en coñecemento da conserxería no momento de identificarte.

Se aínda tes dúbidas acerca do uso e emprego da pista, podes contactar co responsable a través do correo deportes@dai.uvigo.gal